Data: 26/10/2015
DATA: 26/10/2015 de 9:30 a 17:30 h.
VER CARTAZ INFORMATIVO DA XORNADA
Lugar: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Estrada AC-542 (estrada de Betanzos a Mesón do Vento), km 7,5. CP 15318, Mabegondo (Abegondo, A Coruña).
Dirixida a:
- Traballadores, técnicos, profesionais e estudosos nos eidos agropecuario, forestal e ambiental.
- Técnicos e representantes das administracións públicas.
- Público interesado.
Obxectivos:
- Identificar os principais valores ambientais e de diversidade biolóxica que ofrece a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
- Establecer un punto de encontro sobre a importancia do uso e xestión agrogandeira e a súa relación coa biodiversidade.
- Mellorar a gobernanza do territorio dende un punto de vista multisectorial.
PROGRAMA DA XORNADA
9:30 h. Apertura da xornada
- D. Jose Antonio Santiso Miramontes (Presidente Reserva de Biosfera MCeTM)
- D. Manuel López Luaces (Director do CIAM)
- Representante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza
- D. Santiago Vázquez Casás (Presidente do G.N.Habitat)
10:00 h. “Biodiversidade en espazos agrícolas e gandeiros. Importancia dos microhábitats”
- Presenta: Representante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza
- Imparte: D. Cosme Damián Romay Cousido (Biólogo)
- Preguntas e intervencións (5´)
10:35h. “Evolución da paisaxe agrogandeira en Galicia nas últimas décadas”
- Presenta: D. Santiago Vázquez Casás (Presidente do G.N.Habitat)
- Imparte: Eduardo Corbelle Rico (Dr. Enxeñeiro de Montes)
- Preguntas e intervencións (5´)
11:10 h. Pausa café
11:30 h. “Refuxios de fauna. Exemplos prácticos”
- Presenta: D. Jorge M. Blanco Ballón (Xerente da Reserva de Biosfera)
- Imparten: D. Santiago Vázquez Casás (Presidente do G.N.Hábitat), D. Daniel Monteagudo Anido e Dna. Carla Soaje Soliño (Colaboradores do G.N.Hábitat)
- Preguntas e intervencións (5´)
12:05 h. Presentación de materiais sobre biodiversidade na Reserva (APP e Guía da Biodiversidade na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo).
- Presenta: D. Juan Castro Ínsua (Investigador do CIAM)
- Imparten: D. Jorge M. Blanco Ballón (Xerente da Reserva da Biosfera) e D. Manuel Giménez Solla (Técnico da Reserva da Biosfera)
- Preguntas e intervencións
12:40 h. Mesa redonda “Boas prácticas, gobernanza e biodiversidade”
- Modera: D. Juan Castro Ínsua (investigador do CIAM)
- Representantes de:
o Universidade de Santiago de Compostela
o Conservación da Natureza
o FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria)
o Distrito Forestal de Betanzos
o Puraga (Asociación de criadores do cabalo de pura raza galega)
14:00 h. Degustación de produtos locais da Reserva
15:30 h. Visita de campo á finca do CIAM con D. Juan Castro Ínsua
- Observación da iniciativa piloto que se está a desenvolver dentro dun proxecto FEADER, dirixida á creación dunha zona húmida ligada a unha explotación gandeira e asociada coa posta en valor dos filtros verdes e a conservación da biodiversidade. Visita realizada da man de D. Jorge Piñeiro (Calfensa-medioambiente), responsable das obras.
- Roteiro interpretativo pola área promovida como Espazo Natural de Interese Local dentro da finca do CIAM, da man do Grupo Naturalista Hábitat.
17:30 h. Peche da xornada
- D. Jorge M. Blanco Ballón (Xerente da Reserva de Biosfera)
- D. Juan Castro Ínsua (investigador do CIAM)
- D. Santiago Vázquez Casás (Presidente do G.N.Habitat)
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX