Data: 05/07/2015
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, conta ademáis do propio predio de Mabegondo, con outros asentamentos, localizados en distintos puntos da xeografía galega, para realizar estudos compartativos de investigacións, adaptados ás distintas condicións edafoclimáticas da nosa terra.
Un deses asentamentos é a Estación de investigación para áreas de montaña do Marco da Curra, situada no concello de Monfero.
O predio Marco da Curra conta cun total de 180 ha, nesta Estación desenvólvense proxectos de investigación con rabaños de vacas, cabras, ovellas e cabalos, nos que se busca, entre outros a mellora dos seus rendementos cárnicos, os mellores xeitos de crialos no monte, e a través deles, o control do mato e a mellora das praderías.
Ver reportaxe da Labranza (TVG) da Estación de Investigación de Montaña Marco da Curra
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX